lunes, 23 de marzo de 2020

Bo día rapaces!

Empezamos a nosa segunda semana de loita contra o COVO-19!  Ánimo a tod@s e as vosas familias!
Esta fin de semana fixéronlle  unha entrevista a nosa querida e admirada Teresa Rodríguez, que tamén está dando todo nesta loita colectiva. É MOI INTERESANTE e tedes o PDF colgado na web do cole (5º). Nos días sucesivos, iremos colgando noticias interesantes coas que traballaremos.
Tamén tedes o planing para os vindeiros días.https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiphio/?q=taxonomy/term/48
Aquí podedes visualizar os vídeos e participar nos xogos interactivos que hai neste Symbaloo (Ollo, podedes darlle ao icono de ampliar pantalla).

viernes, 20 de marzo de 2020

A COSTA

BO DÍA A TOD@S!

Anímovos a seguir coas vosas sesións de traballo dende a distancia. Tedes colgada na web un plan de traballo e unhas observacións para os vindeiros días. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiphio/?q=taxonomy/term/48
Tamén tedes colgado aquí, no blog, un xogo matemático interactivo e unha serie de recursos para seguir co tema do relevo de costa. ÁNIMO!

viernes, 13 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO DENDE A CASA

Ola rapaces e rapazas de 5º!
Que tal levades esta situación de "cuarentena"? MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!!!!

Nós, imos intentar seguir en contacto e avanzar co noso traballo a través de diferentes canles:

  1. Co blog Mergullando nas Tics, onde hai enlaces a vídeos explicativos e a xogos interactivos.
  2. Traballos en papel que se poden imprimir descargándoos da Web do cole (5º).
  3. Traballo coas Tablets Snappet https://alumno.snappet.org dende a casa (ver instrucións na Web do cole 5º) 

OS RÍOS DE GALICIA

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirios1ga.html

OS RÍOS DE ESPAÑA