O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e
como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBYdeclarou
esa data Día Internacional do Libro Infantil, co
fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todos os nenos e nenas,
libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como
lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,

percorrendo
o mundo coa alegría nos libros.
(Fonte: BEGA)
Para achegarnos á figura de H. C. Andersen e á súa obra, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentaremos ao alumnado estas actividades interactivas. O mes de abril estará cheo de libros e contos!!!
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/